¿QUE É O PROXECTO SENDA 2017?

O proxecto Senda naceu no ano 2016 como una aposta pola innovación nas políticas de emprego da Concellería de Promoción Económica do Concello de Poio, dirixida polo Concelleiro Gregorio L. Agís Gómez.

Senda é un proxecto que ten o obxectivo de incorporar a innovación nos procesos de aprendizaxe, coa finalidade de achegar novos modelos e xeitos de facer.

Desenvólvese en tres eixes fundamentais:

  • Persoas en procura de emprego.
  • Emprendedores que desexan darlle vida a unha idea propia.
  • Empresas que queren incorporar novos procesos de xestión no eido das persoas, procesos ou tecnoloxías.

Vai dirixido aos diferentes axentes sociais involucrados no eido da inserción laboral e do desenvolvemento económico local: demandantes de emprego, empresas e novos emprendedores.

 As empresas actuais demandan profesionais con competencias novas coma o optimismo, a capacidade para traballar en equipo, a colaboración, a intelixencia emocional e maiores competencias dixitais.

As persoas na procura activa de emprego precisan potenciar e desenvolver estas novas competencias que melloran a súa empregabilidade. Por outra banda, empresas e emprendedores teñen a oportunidade de modernizar os seus modelos de traballo e de negocio, achegándose a novas formas de facer e innovar, mellorar as relacións cos clientes, achegarse as novas tecnoloxías, xerar sinerxias e participar en ecosistemas de colaboración.

Empregaremos o “Coaching” como fio conductor, onde terán espazo: o xogo, a gamificación e a creatividade, a través do traballo colaborativo e en rede, coa finalidade de acadar os obxectivos colectivos e individuas transformadores e potenciadores da persoa.

¿Que imos ver o longo das 10 sesións de traballo?

Experiencias formativas : Onde conxuntamente, empresas, emprendedores e persoas en procura de emprego desenvolverán novas competencias nos eidos, primeiramente, do autocoñecemento , poñendo en práctica a Intelixencia emocional para dotar a esas persoas de ferramentas persoais que lles permitan avanzar na utilización das redes sociais a través dunha marca persoal definida , o liderato e xestions de equipos, a creatividade e a posta en práctica de novas ideas e inquedanzas.

Acompañamentos individuais : Créase un plan de acción individual, cuxo fin é acompañar aos e ás  participantes para reforzar as súas competencias laborais, de emprendemento, ou da mellora na xestión interna das organizacións.

Empoderamentos colectivos para empresas e emprendedores: As empresas e os emprendedores terán 3 sesions de mentorizacion colectiva, co fin de crear un espazo onde atopar e compartir solucións prácticas,  as súas inquedanzas empresariais a través das propias experiencias dos asistentes , compartindo coñecementos e experiencias ou procurando acadar solucións dun xeito axíl e práctico, en base ao coñecemento circular dos propios participantes empresarios e das propias sinerxías entre éstes e os emprendedores.

Cultura colaborativa: Creación dunha comunidade de persoas que colaboren conxuntamente para a mellora da empregabilidade e dos seus negocios ou ideas emprendedoras.

Difusión e visibilidade: Publicidade das accións do grupo a través da web do proxecto, redes sociais e medios de comunicación.

Experiencias formativas : Redes sociais, liderato e xestión de equipos, creatividade, adestramento en entrevistas e elaboracións de CV diferenciadores, innovación na maduración de ideas empresarias e acompañamento na implantación da cultura colaborativa nas organizacións.

cropped-senda-2

Proxecto Senda 2016